jueves, 1 de febrero de 2018

Descansa a luz na ría



Descansa a luz na ría.

Ao lonxe,
a música dunha comparsa
pónlle o contraponto
á danza das mulleres que,
harmoniosamente,
están a mover as cores da tardiña
cos pés descalzos.

Mentres, alguén,
dende a escuridade, 
abre unha fiestra aos soños.
E chámanos.


                            Tereisa Martinez




Descansa a luz na ría
Óleo sobre lenzo. 162 x 130 cm.
©Falcón. 2017

Tus comentarios